Deputación de Lugo
Infraestruturas

O Goberno da Deputación mellora a estrada que une A Pontenova coa parroquia de Vilaouruz

A Pontenova
Vilaouruz
O Goberno da Deputación mellora a estrada que une A Pontenova coa parroquia de Vilaouruz
Campos Conde e Fernández Queipo supervisaron os traballos de renovación do primeiro quilómetro da LU-P-4808, que financiou o Executivo con máis de 33.000 euros

Campos Conde subliñou que “con estas actuacións beneficiamos a preto de 100 veciños da Pontenova, pois é a estrada que dá servizo aos núcleos de Foxas e A Cova, así como á parroquia de Vilaouruz. Ademais, soporta o tráfico de camións de madeira”


O Presidente e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, o Vicepresidente e Deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, e o Tenente Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez Bermúdez, supervisaron os traballos de mellora da estrada LU-P-4808, que financiou o Goberno da Deputación con máis de 33.000 euros. Estes fondos permitiron a renovación do firme no primeiro quilómetro da vía que vai da Pontenova, por Vilaouruz, á Nacional 640.

Campos Conde subliñou que “con estas actuacións beneficiamos a preto de 100 veciños da Pontenova, pois é a estrada que dá servizo<2 aos núcleos de Foxas e A Cova, así como á parroquia de Vilaouruz. Cómpre subliñar, ademais, que esta vía ten moito tránsito de vehículos pesados, pois trátase dunha zona forestal da que se extrae moita madeira, polo que é frecuente o tráfico de camións”.

O Presidente lembrou que “esta é a segunda fase de mellora da estrada, pois xa se executaron obras de renovación do firme no último tramo da vía, nun treito de case 3 quilómetros, co cal con estas novas actuacións rehabilitamos con aglomerado en quente  practicamente a metade do trazado, coa previsión de renovalo na súa totalidade”.

Os traballos, executados do punto quilométrico 0 ao 1, consistiron la limpeza de cunetas, renovación do firme con aglomerado en quente, e incremento da seguridade vial coa renovación e instalación de nova sinalización horizontal e vertical.

 

O Goberno da Deputación mellora a estrada que une A Pontenova coa parroquia de Vilaouruz