Benestar Social e Igualdade
Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O primeiro partido da liga ACB do C.B.Breogán visualizará a labor social de AFALU, co patrocinio da Deputación

deporte
Lugo
Primeiro partido Breogán AFALU
Repartirase información entre o público asistente sobre o traballo que leva a cabo esta asociación, que nace no ano 2003, para responder ás necesidades dos enfermos de alzheimer, apoiar as súas familias e atopar solucións que melloren a calidade de vida destes enfermos

López Izquierdo remarcou que “o obxectivo deste tipo de campañas é dar a coñecer o gran traballo que se realiza dende todo o tecido asociativo lucense, concretamente dende aquelas entidades que conlevan un compoñente social enorme, como neste caso son as familias afectadas polo alzheimer na nosa provincia”

A Deputación cederá entradas do contrato de patrocinio aos membros e usuarios da Asociación para que acudan a presenciar o encontro do domingo no Pazo

Nesta xornada tamén se realizará unha campaña de promoción turística da Comarca de Lugo, na que se inclúen spots e imaxes da provincia, nos que se visualizá a través das redes sociais e das propias pantallas do Pazo dos Deportes

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto á Vicepresidenta de AFALU, Iria Franco Pena, o
Director do Centro de Día Alzhéimer, Valentín Calvín Fondevila, o Director Xeral do BREOGÁN, Javier Morandeira e o xogador, Sergi Vidal, presentaron este mércores, nos Xardíns da Deputación, unha nova campaña de concienciación social, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

López Izquierdo explicou que “o primeiro partido da liga ACB do Cafés Candelas Breogán - Divina Seguros Joventut, que se disputará o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes, estará dedicado a difundir a labor social da asociación AFALU. Unha entidade que naceu no ano 2003 para responder ás necesidades dos enfermos de alzheimer, apoiar as súas familias e atopar solucións que melloren a calidade de vida destes enfermos”.

A Deputada explicou que “o obxectivo deste tipo de campañas é dar a coñecer o gran traballo que se realiza dende todo o tecido asociativo lucense, concretamente dende aquelas entidades que conlevan un compoñente social enorme, como neste caso son as familias afectadas polo alzheimer na nosa provincia”. Iria Franco Pena, sinalou que “para AFALU é moi emocionante que este partido sexa adicado á nosa institución, dende aquí queremos axudar á toda xente posible”.

Campaña de información
Con motivo desta iniciativa, a Deputación cederá entradas do contrato de patrocinio aos membros e usuarios da Asociación AFALU para que acudan a presenciar o encontro do domingo, a partir das 17:00 horas no Pazo dos Deportes. Ademais, repartirase información entre o público asistente e haberá mesas informativas sobre a labor social que leva a cabo AFALU na provincia de Lugo.

Colaboración con todas as entidades da provincia
Esta iniciativa súmase a outros moitos proxectos conxuntos do Goberno da Deputación con AFALU. O Executivo Provincial reafirma o seu compromiso e colaboración cos 10.000 lucenses que sofren desta enfermidade neurodexenerativa, e que representan máis dun 3% da poboación da provincia. López Izquierdo explicou que o Executivo colabora con todos os colectivos da provincia que atende a lucenses con alzheimer, así como ás súas familias, cunha achega de 50.000 euros, que permite a AFA-Chantada, AFA-Monforte, AFA-Viveiro e AFA-LU, que son os colectivos que ofrecen atención profesional tanto aos doentes, como ás súas familias. Ademais, a Deputación ofrece a maiores da provincia talleres de memoria ou de estimulación cognitiva, entre outras actividades totalmente gratuíta, a través do In Lugo, que é o primeiro centro de innovación social de Galicia. Tamén presta Teleasistencia a custe cero e Servizo a Domicilio a persoas non dependentes da provincia, facendo que o investimento para impulsar o benestar no conxunto do territorio lugués represente un dos principais investimentos da institución.  

Promoción Turística da Comarca de Lugo
Ao longo desta xornada, e dentro tamén do contrato de patrocinio co CB Breogán, tamén se realizará unha campaña de promoción turística da Comarca de Lugo, na que se inclúen spots e imaxes da provincia, e que se visualizá a través das redes sociais e das propias pantallas do Pazo dos Deportes.

 

Primeiro partido Breogán AFALU