DOCUMENTOS PREVIOS AO CONVENIO PARA SOLICITAR SUBVENCIÓN DIRECTA EXCEPCIONAIS PARA ASOCIACIÓNS E ENTIDADES

Pode descargar estas instruccións aquí e descargar toda a documentación aquí.

  • Solicitude de concesión da subvención (achégase modelo no ANEXO I).
  • No caso de solicitar anticipo (soamente para subvencións por importe igual o superior a 3.000,00 €), achegarase certificado do secretario da entidade das notorias dificultades económicas para desenvolver as actividades sen o anticipo citado (achégase modelo no ANEXO II)
  • Certificación acreditativa da entidade do acordo de solicitude e do nomeamento do representante da entidade (achégase modelo no ANEXO III)
  • Autorización do representante da entidade para que, de ser preciso a Deputación de Lugo, solicite certificados de cumprimento de obrigas ca Axencia Tributaria Estatal, Facenda da Xunta de Galicia, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e co Servizo de Recadación Provincial (achégase modelo no ANEXO IV)
  • Declaración do representante de estar ao corrente de obrigas, non estar incurso en prohibición para ser beneficiario segundo o establecido na Lei Xeral de Subvencións e da Lei de Subvencións de Galicia (achégase modelo no ANEXO V)
  • Declaración de non deducir o IVE, se é o caso, e de non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro (achégase modelo no ANEXO VI)
  • Declaración xurada doutras obrigas (achégase modelo no ANEXO VI-bis).
  • Desglose de financiamento da actuación obxecto da subvención. (achégase modelo no ANEXO VII)
  • Declaración xurada doutras subvencións e patrocinios, concedidas ou solicitadas (achégase modelo no ANEXO VII-bis).Só no caso de ter patrocinios
  • Solicitude de autorización para a subcontratación de actividades subvencionadas con Terceiros (achégase modelo no ANEXO VIII).
  • Fotocopia do NIF do representante da entidade
  • Fotocopia do CIF da entidade
  • Fotocopia dos estatutos da entidade, inscritos no rexistro de asociacións correspondente. No caso de telos presentados con anterioridade, deberá achegar certificado do secretario da entidade de non ter producidas modificacións. (achegase modelo deste certificado no ANEXO IX).
  • Certificados acreditativos de estar ao corrente das súas obrigas tributarias ou fronte a Seguridade Social, expedidos pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo e Seguridade Social.
  • Documento bancario no que se indique o número de conta da entidade beneficiaria e o seu CIF.
  • Proxecto descritivo e valorado economicamente da actividade a subvencionar datado e asinado. Debe ir acompañado dunha memoria descritiva da actividade a subvencionar na que figure necesaria e obrigatoriamente acreditación suficiente de orixinalidade e excepcionalidade da actividade así coma a dificultade de acudir a outros medios de financiamentos, segundo determina a Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo. Motivar a dificultade de comparar este proxecto con outros cos que se puidese concorrer. En todo caso se acreditarán razóns de interese público, social, económico ou humanitario da actividade a subvencionar
  • Orzamento de ingresos e gastos da actividade (cadrado, datado e asinado), en ningún caso os ingresos poden superar os gastos. Deberá ter en conta que, polo menos, o 5% do proxecto subvencionado, deberá ser financiado pola propia entidade beneficiaria.
  • Para o caso de que a actividade a subvencionar sexan obras: achegarase o compromiso da obtención de licenzas e autorizacións preceptivas para os efectos de cumprimento da legalidade urbanística, o respecto e protección do patrimonio histórico - artístico e do medio ambiente.

NOTAS A TER EN CONTA:

Nas subvencións de importe igual ou superior a 60.000 € no caso de obras ou igual ou superior a 18.000 € no caso de servizos, deberase achegar adicionalmente:

  • Os 3 orzamentos segundo o artigo 31.3 da Lei Xeral de Subvencións.
  • Para o caso de adquisición de bens inmobles: o certificado do tasador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente Rexistro Oficial.
  • No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables (tanto para obras como para o resto de investimento), antes da concesión da subvención hai que:
  • Acreditar a propiedade ou dereitos de uso idóneos.


NOTA: procurarase que a sinatura do correspondente convenio se formalice por medios electrónicos