A Deputación renova a súa colaboración co Resurrection Fest cunha achega de 150.000€ ao Concello de Viveiro
A Xunta de Goberno deste venres aprobou un acordo da institución coa entidade local para apoiar este festival de referencia a nivel internacional, que este ano acada a 19ª edición, “e que concorda perfectamente co modelo de turismo polo que apostamos”, subliñou Pilar García Porto
Celebrarase do 26 ao 29 de xuño con 89 bandas nun dos carteis máis “grandes e ambiciosos, dado que máis de 60 delas nunca actuaran antes en Viveiro e outras 17 nunca o fixeron en España”
Vie, 19/04/2024 - 14:18