A Deputación de Lugo recibe en Navia de Suarna a certificación de Destino Turístico Starlight para Os Ancares Lucenses
O Deputado de Medio Ambiente recolleu da man da directora xerente da Fundación Starlight, pertencente ao Instituto Astrofísico de Canarias, o distintivo para protexer o ceo nocturno e desenvolver as potencialidades do turismo de estrelas, que tamén se entregou aos tres concellos que conforman a Reserva da Biosfera
Carlos López subliñou que o recoñecemento é froito dun proxecto financiado con fondos europeos que conseguiu a institución provincial para preservar e poñer en valor as dúas reservas que xestiona: Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
“Damos un novo paso de cara a consolidar o modelo de turismo polo que apostamos para xerar riqueza. Un turismo de calidade, sostible, de experiencias, que coida o patrimonio e que deixa valor no territorio, algo fundamental para apoiar e para fixar poboación no rural”
A xornada incluíu a celebración da primeira mesa de traballo co fin de definir as actuacións necesarias, como adecuar as fontes de luz ou impulsar servizos e recursos especializados, para comezar a desenvolver o destino turístico
Lun, 22/04/2024 - 20:18