O Arquivo xeral da Deputación de Lugo é un conxunto orgánico de documentos producidos, reunidos ou conservados pola Diputación Provincial no exercicio das súas funcións e actividades, con finalidades de xestión administrativa, proba dos dereitos e deberes da Administración e da cidadanía, investigación ou acceso á información e á cultura.
Está formado polo fondo da propia institución provincial dende o século XIX ata a actualidade.