Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deportes e mocidade

Daniel García participou na inauguración das Quendas

RURAL
AS QUENDAS
mondoñedo
DANIEL GARCÍA

O deputado Daniel García participou na inauguración oficial das Feiras e Festas das Quendas, que se celebrou esta tarde en Mondoñedo.O responsábel provincial asistiu á recepción oficial ao pregoeiro Jesús Robles López, traballador durante 35 anos na Imprenta Sucesores de Mancebo, e á lectura do pregón que se celebrou no Auditorio Municipal.

Os actos marcan o inicio das Feiras e Festas das Quendas, que contan co apoio da área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que teñen mañá o seu día grande coa feira de gando e a exposición de razas autóctonas no campo da feira. A colaboración provincial encádrase na aposta que a área de Rural por visibilizar a importancia da acividade agrogandeira como sector estratéxico na provincia e por promocionar as razas autóctonas e os seus produtos, ademais de valor o pouso cultural e histórico dunha feira gandeira cuxas orixes se remontan ao século XVI.

As Quendas