Deputación de Lugo
Innovación e TIC

A Deputación de Lugo recibe a medalla Concepción Arenal polo labor de difusión das Xornadas Penitenciarias Lucenses

SERVIZOS AUDIOVISUAIS
xornadas penitenciarias concepcion arenal
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recolleu a distinción concedida ao Servizo de Audiovisuais durante a inauguración das 35ª edición da xornadas, que se desenvolven ata mañá no Vello Cárcere de Lugo baixo o título Novas adiccións, novas formas delitivas

A Deputación achega 23.900€ a este encontro organizado pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

O SdeA emite en directo a través da canle de YouTube as xornadas nas que a metade dos inscritos asisten vía online. Todos os interesados poden seguir o acto inaugural a través da ligazón https://youtu.be/hcZDgmBzkaM e o día de clausura en https://youtu.be/ne9-DRaprtQ
Medallas Concepción Arenal

A Deputación de Lugo recibiu este luns unha das medallas Concepción Arenal durante a inauguración das 35ª Xornadas Penitenciarias Lucenses, que se desenvolven ata mañá no centro cultural do Vello Cárcere de Lugo baixo o título Novas adiccións, novas formas delitivas. O encontro, organizado pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, conta coa colaboración da institución provincial que, por unha banda, achega 23.900 euros e, por outra, emite as xornadas vía streaming a través da canle de YouTube do seu Servizo de Audiovisuais.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, foi a encargada de recoller a medalla coa que a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal recoñece o apoio do SdeA na difusión do labor que desenvolve, especialmente das dúas últimas edicións das Xornadas Penitenciarias. A emisión por streaming a cargo deste servizos provincial fixo posible o desenvolvemento do encontro do ano pasado, integramente online por mor da pandemia, e a deste ano, no que a conferencia inaugural é por vídeoconferencia e no que a metade dos inscritos participan vía online.

Ademais de García Porto, na inauguración das xornadas participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, a presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Elvira Fernández, e os directores dos centros penitenciarios de Monterroso, Antonio Rivera, e de Bonxe, José Manuel Pernás. 

Aberto a todo o público grazas ao SdeA
Este luns, todas as persoas interesadas, tanto os inscritos como o público en xeral, poden seguir a través da ligazón https://youtu.be/hcZDgmBzkaM a charla inaugural sobre Adiccións sen substancias, mozos e problemas de comportamento, que imparte por vídeoconferencia Carmen Tristán, conselleira técnica da Unidade de Sistemas de Información e Documentación do Observatorio Español das Drogas e as Adiccións, da Delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, e que modera o técnico municipal do Servizo de Prevención de Drogas do Concello de Lugo, Francisco Javier Fernández.

Mañá martes, a partir das 19:00 horas, poderá seguirse a xornada de clausura na ligazón https://youtu.be/ne9-DraprtQ. Haberá unha mesa redonda sobre Menores, novas tecnoloxías e formas delituosas, a cargo de Ramón Pena e Héctor Méndez, representantes do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas e do Plan Maior de seguridade, da Comandancia da Garda Civil, así como a colaboración da asociación AGALURE.