Deputación de Lugo

O Presidente asiste ao pregón das festas do San Froilán a cargo da mestra Marisol Bravos

San Froilán
pregón

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres ao pregón do San Froilán 2021 a cargo de Marisol Bravos López. As festas patronais de Lugo comezaron esta tardiña coas palabras da mestra lucense, que dedicou a súa vida á docencia e á loita polos dereitos das persoas con algún tipo de discapacidade, e prolongaranse ata o vindeiro 13 de outubro. Tomé Roca estivo acompañado no balcón da Casa do Concello de Lugo pola Alcaldesa, Lara Méndez, entre outras autoridades.