Deputación de Lugo
Medio ambiente

Pedrafita acolle hoxe unha xornada sobre a xestión de explotacións de vacún de carne grazas ao apoio da Deputación

Deputación de Lugo
PEDRAFITA DO CEBREIRO
Medio Ambiente
 xornada sobre a xestión de explotacións de vacún
Os deputados de Medio Ambiente, José Luis Raposo, e de Recursos Sostibles, Roberto García Pernas, participaron no foro, que reuniu a unhas 250 persoas no mercado gandeiro de Pedrafita para abordar a situación do sector cárnico de vacún e a nova PAC, así como as perspectivas de futuro

O mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro acolleu este venres a xornada Xestión Medioambiental de Explotacións de Vacún de Carne, que organizou a Asociación de Desenvolvemento Rural ODEGA grazas ao apoio económico da Deputación de Lugo, dentro do seu compromiso co impulso de iniciativas que favorezan a sostibilidade e desenvolvemento do sector primario como piar fundamental da economía da provincia. 

O Alcalde de Pedrafita e tamén Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, inaugurou o encontro, que reuniu a 250 persoas. O programa consistiu en dúas mesas redondas. Unha delas estivo centrada na situación do sector cárnico de vacún e as perspectivas de futuro, foi moderada por José Ramón González, responsable de Producións Extensivas e Ecolóxicas de Unións Agrarias, e participaron Francisco Sineiro, profesor da Universidade Politécnica e ex Conselleiro de Medio Rural, e Javier López, director de Provacuno. A outra mesa redonda xirou en torno á reforma da PAC e as perspectivas de futuro, foi moderada por Javier Iglesias, responsable sectorial de PAC e PDR de Unións Agrarias, e interviu José Luis Agüero Monedero, subdirector xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas do Ministerio de Agricultura, e Javier Alejandre, técnico de UPA. A clausura correu a cargo do Deputado provincial de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, e do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.