Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Xogos novos para as crianzas do CEIP Antía Cal co financiamento de Medio Rural

medio rural
Mónica Freire
concello de muras
VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÒN LUGO

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire Rancaño, vén de informar que xa están instalados os elementos de xogo infantís no patio do CEIP Antía Cal, financiados polo organismo provincial a través dun convenio de colaboración co Concello de Muras. 

O colexio acaba de estrear dameiros, solos, areeiros, cadeiras e bancos logo dos traballos de instalación nos meses de verán,  o que “mellorará o lecer infantil nesta escola rural para desfrute e aprendizaxe dos máis cativos e cativas”, afirmou a deputada Mónica Freire. “A dotación de recursos para a poboación infantil das localidades da nosa provincia é un dos puntos chave na nosa liña de actuación, co fin de fortalecer unha educación pública de calidade que non discrimine ás crianzas das zonas rurais”. 

O convenio asinado pola deputada de Medio Rural, Mónica Freire, e o alcalde, Manuel Requeijo, ascende a 19.200 euros. A Deputación achegou 18.218,88 euros, con cargo ao Orzamento Xeral do exercicio 2020, e o Concello de Muras 981,12 euros como contribución ao fin común. “Lembramos que son competencias propias do municipio a promoción do deporte e instalacións e a conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade local destinados a centros públicos de educación infantil, primaria ou especial”, lembrou Requeijo.