Deputación de Lugo

O Presidente recibe á Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia

Deputación de Lugo
Asime
Reunión Asime
Tomé Roca mantivo un encontro coa vicepresidenta e o secretario xeral de Asime no que abordaron a situación actual do sector e acordaron intensificar a súa colaboración para a captación de fondos europeos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu no Pazo de San Marcos á vicepresidenta da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), Rebeca Acebrón, e ao secretario xeral do colectivo, Enrique Mallón, para trasladarlles a vontade da institución provincial para colaborar de cara a captación de fondos europeos de recuperación. 

Tomé Roca interesouse pola situación que atravesa o sector debido ao impacto derivado da Covid-19, que supuxo caídas na facturación do sector do 12% e o 2% no emprego, segundo indicou o colectivo, quen augura neste ano recuperar os postos de traballo e a actividade, chegando á consolidación no 2022 e 2023.

O mandatario provincial resalta a importancia deste sector na provincia e transmitiulles a vontade da institución por seguir traballando de maneira estreita para a súa recuperación económica. 

Pola súa banda, dende Asime trasladaron que a industria “pode ser, sen ningunha dúbida, a actividade tractora na recuperación económica e para iso debemos atraer empresas e investimentos en condicións atractivas, poñendo en valor o saber facer das nosas empresas que contan con décadas de experiencias, gran capacidade de diversificación e forte prestixio internacional”.