Deputación de Lugo
Recursos Humanos

O Presidente recibe a 6 funcionarios e funcionarias interinos da Deputación

funcionario
empregado público

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presidiu na Sala de Xuntas un acto de benvida aos 6 novos empregados e empregadas públicos e aproveitou a ocasión para felicitar aos funcionarios que superaron unha promoción interna. O novo persoal prestará servizos en diferentes áreas da Institución Provincial como o Departamento de Actas, a Granxa Gayoso Castro, a Rede Museística, Formación, Comunicación, Arquivo, Contratación e Intervención. 

Durante o acto, o Presidente estivo acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, da Secretaria Xeral da Deputación de Lugo, María Esther Álvarez Martínez, e do Xefe de Servizo de Recursos Humanos, Manuel García Mel.