Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación mellorará en Bóveda con máis de 93.000€ a estrada provincial que une Teilán con Paradela

Bóveda
Rede provincial de estradas
Imaxe deputación de lugo
A institución provincial vén de aprobar na Xunta de Goberno a adxudicación destas traballos, que consisten no acondicionamento con aglomerado en quente de 3 quilómetros da vía, entre os puntos quilométrico 0 e 3,2

A Deputación de Lugo inviste en Bóveda máis de 93.000€ para acondicionar a estrada provincial LU-P-0907, que comunica a parroquia de Teilán co concello de Paradela.  Así o avanzou o Presidente, José Tomé Roca, quen dirixe de maneira directa a área de Xestión Territorial.  

Tomé Roca explicou que a Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar os traballos, que afectarán a máis de 3 quilómetros desta vía, entre os puntos quilométricos 0 e 3,2. Consistirán na reapertura de cunetas, en pavimentar con aglomerado en quente e realizar a correspondente sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas. O prazo de execución previsto é de 9 meses.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. José Tomé subliñou que con todas estas actuacións na rede viaria provincial, a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros, e tres veces superior á da Xunta en Lugo, a Deputación de Lugo segue traballando “nun dos nosos principais obxectivos, como é a mellora das comunicacións viarias, necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial”.