Deputación de Lugo

A Deputación recibe 35.000 mascarillas do Goberno Central para distribuílas aos concellos da provincia

Covid-19

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este venres de mans da Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, 35.000 mascarillas que o Goberno fai chegar desta volta aos concellos da provincia de Lugo, xa que a Deputación é a institución que se fai cargo do operativo de distribución entre os concellos da provincia con poboación inferior a 20.000 habitantes, tal e como acordaron o Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias.

As mascarillas para os concellos forman parte dunha nova campaña de reparto deste tipo de material sanitario, que se completará a semana que vén coa entrega doutro lote a entidades sociais. En total, o Goberno distribúe nesta campaña 15 millóns de mascarillas  en toda España, das que corresponden a Galicia 590.000.

No acto tamén participou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen recibiu 15.000 mascarillas para distribuílas aos veciños e veciñas da capital lucense.