Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación aglomera e dota de beirarrúas a estrada provincial de Vilaselán, en Ribadeo, na zona da Lodeira

Ribadeo
infraestruturas
estradas provinciais
Melloras Ribadeo
Este xoves comezaron as obras, cun investimento provincial de 47.000€, para reparar o firme con aglomerado en quente e equipar de novas beirarrúas dende o punto quilométrico 0 ao 0,406. O prazo de execución é de 1 mes

Este xoves comezaron os traballos de mellora na estrada LU-P-5202, de Ribadeo por Vilaselán a Alto dos Pinos (N-634), na zona da Lodeira, que financia a Deputación cun investimento de 47.000€. Concretamente, as obras consisten no acondicionamento da vía con aglomerado en quente e a dotación de beirarrúas. Ditas obras faranse entre os puntos quilométricos 0 e 0,406 e o prazo de execución é de 1 mes.

O Presidente, responsable de Xestión Territorial, explicou que estas obras son moi importantes, pois permitirán aos veciños e veciñas de Vilaselán poder ir andando con total seguridade ao centro de Ribadeo. Ao mesmo tempo, as melloras beneficiarán aos centos de usuarios que empregan a vía, pois trátase da estrada que comunica coa rotonda que da acceso á autovía que une Galicia con Asturias. 

Con esta actuación na rede viaria provincial, a máis extensa de España, a Deputación segue traballando nun dos seus principais obxectivos, como é a mellora da mobilidade, necesaria para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial. De feito, a día de hoxe, a institución ten en marcha obras de mellora de estradas por toda a provincia por un importe que supera os 3M€.