Deputación de Lugo

A Deputación achega 46.000€ ao Concello para a reforma da antiga escola da parroquia de Láncara

José Tomé Roca
Láncara
Sinatura convenio Láncara
O Presidente asinou co Alcalde lancaréso convenio de colaboración, que demostra o compromiso que mantén a institución coa cooperación cos concellos, dando resposta ás súas demandas para ofrecer máis e mellores servizos públicos aos veciños e veciñas

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou este xoves co Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, o convenio de colaboración con este Concello ao que lle achega preto de 46.000 euros para a reforma da antiga escola da parroquia lancaresa, situada no núcleo rural da Veiga de Outeiro, e que na actualidade é un local social de titularidade municipal. 

José Tomé puxo en valor esta colaboración económica que demostra o compromiso que mantén a institución provincial coa cooperación cos concellos, dando resposta ás súas demandas para ofrecer máis e mellores servizos públicos para os veciños e veciñas. 

Ao acto de sinatura tamén asistiron o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón,tenente de Alcalde de Láncara; Begoña López Magdalena, segunda tenente de Alcalde; Emilia Fernández Seijo, concelleira de Servizos Públicos; e o vocal da Asociación Cultural Val de Láncara, Edgar Allán. 

As obras que se van realizar na escola consisten na unión das dúas salas que conforman o edificio nun único espazo, o que facilitará a realización de actividades sociais e culturais. Con este proxecto tamén se remodelarán os aseos, co fin de dotar ao local de servizos accesibles, cumprindo desta forma co disposto na normativa en materia de accesibilidade.