Deputación de Lugo
Economía

A Deputación destina 10.500€ á Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril para a reforma do seu local social

ASOCIACION MONFORTINA DE AMIGOS DO FERROCARRIL
Monforte de Lemos

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Presidente da Asociación Monfortina  de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), Fermin Ángel Avellaneda Vázquez, asinaron un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 10.556 € a esta entidade.

Esta asociación monfortina financiará grazas a esta achega económica da institución provincial a ampliación e reforma das instalacións da súa sede social, situada na primeira planta da Estación de Ferrocarril de Monforte, e dotalo así de máis espazo para o desenvolvemento das súas actividades.