PROMOCIÓN DO DEPORTE BASE

A promoción da práctica do deporte e dos hábitos saudables, especialmente entre os máis novos, son parte das actividades do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

Elaboráronse audiovisuais sobre carreiras populares e disciplinas como jockey  liña, piragüismo, ciclismo, xadrez, voleibol ou golf. Tamén se difunden as colaboracións entre a Deputación e o CB Breogán e o CD Lugo a prol de diversas causas sociais, así como promocionais. Ademais, difúndese a nosa provincia a nivel nacional con traballos que se ceden a outras canles de TV.

Accede á listaxe de reprodución dos videos promocionais do Deporte Lucense Base