Cultura
Deputación de Lugo

Abre o prazo para que grupos de música tradicional, bandas e corais se inscriban no Musiqueando

Musiqueando
ÁREA DE CULTURA
música tradicional
BANDAS
CORAIS
A área de Cultura asumirá o importe íntegro das actuacións, facilitando a concellos e asociacións a súa contratación

Este mércores comeza o prazo para que os grupos tradicionais, corais e bandas con residencia ou sede social na provincia se inscriban no programa Musiqueando da área de Cultura. O prazo, de 10 días hábiles, permanecerá aberto ata o día 25 de agosto.

Unha vez se peche o prazo de inscrición para as agrupacións musicais, a área de Cultura ofrecerá o catálogo de actuacións a asociacións e concellos que, a diferenza das últimas convocatorias, poderán solicitalas sen custo. A área de Cultura asume o cento por cento do importe para facilitar a concertación e ampliar a oferta cultural en todo o territorio da provincia. 

A convocatoria establece que, no caso de que as circunstancias sanitarias impidan celebrar as actuacións concertadas ao vivo, os grupos teñen a opción de facer unha gravación audiovisual que a área de Cultura difundirá a través das súas canles dixitais.

Podes consultar as bases da convocatoria e acceder aos modelos de solicitude neste enlace.