Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación investirá preto de 200.000€ na mellora do firme da estrada provincial LU-P-1911 na Fonsagrada

José Tomé Roca
Fonsagrada
obras de mellora
Obras estrada Fonsagrada
Os traballos que se están desenvolvendo consisten na reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización horizontal, e desenvólvense en dous treitos da vía que conecta Mesón Novo co Ventorrillo e Chao de Vaga, nun total de 5 quilómetros

O Presidente da Deputación, José Tomé, responsable directo da área de Xestión Territorial, informa de que acaban de comezar os traballos de mellora do firme da estrada provincial LU-P-1911, na termo municipal da Fonsagrada. Unha actuación que na que a institución provincial inviste preto de 200.000€.

As actuacións desenvólvense nun total de 5 quilómetros nesta vía que une Mesón Novo con O Ventorrillo e Chao de Vaga. A Deputación mellora os treitos que van dende os puntos quilométricos 7,5 e 9,5 e do 11,5 ao 14,3. 

As obras, realizadas en base ao Plan Especial de Rehabilitación de Firmes (PERF), consisten na reapertura de cunetas, pavimentación en quente para dotar a vía dun novo firme que aumentará a súa capacidade estrutural, e sinalización horizontal. Estímase que, se as condicións meteorolóxicas o permiten, estes traballos queden rematados no prazo dunha semana. 

O Presidente explica que “o regreso ao traballo do sector da construción permítenos contribuír á dinamización da economía provincial, ao mantemento do emprego e á creación de riqueza nesta situación de excepcionalidade derivada do estado de alarma”. Engade que “con estas obras materializamos un dos principais obxectivos da Deputación, como é mellorar as comunicacións viarias, que son necesarias para verdadeiramente garantir a igualdade de oportunidades entre toda a veciñanza da provincia de Lugo”.