Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación apoia o Trece Roeis Fest como certame dinamizador da Ribeira Sacra

turismo
música
Ribeira Sacra
Pantón
A Deputación apoia o Trece Roeis Fest como certame dinamizador da Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o secretario de asociación cultural Os Trece Roeis, Christian Enríquez Gómez, asinaron un convenio a través do que a institución provincial colabora no financiamento da actuación de Herdeiros da Crus na primeira edición do festival Trece RoeisFest, que impulsou o colectivo por primeira vez o pasado verán no concello de Pantón. 

A institución provincial achega 3.000€ para axudar no financiamento deste concerto que contribúe a dinamizar social e economicamente a Ribeira Sacra. O Trece Roeis Fest mana da vontade dun grupo de mozos de realizar un festival propio para Pantón tras a cancelación do veterano Festival do Castro converténdose nun novo acontecemento de referencia na Ribeira Sacra.

A asociación cultural Os Trece Roeis xa traballa na organización dunha nova edición deste festival, que se celebra en Ferreira de Pantón a finais de agosto.