Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación apoia a actividade da asociación veciñal do barrio lucense da Residencia

asociacións
Lugo
convenios
A Deputación apoia a actividade da asociación veciñal do barrio lucense da Residencia

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, reuniuse este martes no Pazo de San Marcos, coa presidenta da Asociación Cultural de Veciños da Residencia de Lugo (Ascorelu), Cecilia Vázquez García, para asinar un convenio de colaboración da institución provincial con este colectivo para financiar os gastos derivados do alugamento do seu local social. Este encontro súmase á rolda de contactos que está a manter o Presidente con diferentes representantes de colectivos sociais e municipais da provincia. Nesta liña, José Tomé coñeceu de primeira man as necesidades e demandas de Ascorelu, unha entidade que traballa pola revitalización do barrio lucense da Residencia. Ademais, esta asociación achégalles aos veciños e veciñas do barrio diferentes actividades,como obradoiros de memoria, camiñatas saudables ou ximnasia.