Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O "derbi xenuino" abriu na Cheda unha xornada apaixoante para o fútbol galego

EFRÉN CASTRO
PABLO RIVERA
CD LUGO GENUINE
Os deputados Efrén Castro e Pablo Rivera asistiron a esta xornada de convivencia na Cheda entre equipos dos clubs albivermello e branquiazul

Os deputados Efrén Castro e Pablo Rivera acompañaron este domingo ás xogadoras e xogadores do CD Lugo Genuine e do RC Deportivo Genuine nunha xornada de convivencia que puxo o aperitivo ao derbi de Segunda División que albivermellos e branquiazuis disputarán no Anxo Carro (18: 00 horas). A deportividade e a amizade marcaron o #derbi xenuino da Cheda, ao que acudiu tamén o adestrador do primeiro equipo Eloy Jiménez. 

O CD Lugo Genuine é un dos 36 clubs de Primeira e Segunda División estatal que participan na LaLiga Genuine, integrada por equipos formados por persoas con capacidades diferentes. Na competición, que arrancou o pasado 15 de novembro e que se disputa por concentracións en diferentes sedes, tamén participan RC Deportivo e RC Celta.