Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Deputación e Concello de Lugo impulsan unha nova edición dos Premios Son Muller

Pablo Rivera Capón
Premios Son Muller
Presentación Premios Son Muller
O Deputado de Promoción Económica e Socialsubliñou que o organismo provincial colabora coa iniciativa da Asociación de Mulleres Empresarias porque “visibiliza e recoñece o traballo das mulleres como piar fundamental da economía da provincia”

As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participarpoden inscribirse ata o día 8 de decembro. As bases e a información sobre o certame atópanse en www.empresariaslugo.org

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, a Concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, a presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), Beatriz Varela Regueira, e o director territorial de Abanca en Lugo, Javier Soto, participaron este mércores na presentación da II Edición dos Premios Son Muller, organizados por AELU e que conta coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo.  

Rivera Capón sinalou que “dende a Deputación colaboramos con este tipo de iniciativasporque contribúen avisibilizar, poñer en valor e promocionar o traballo das mulleres como piar económico da nosa provincia”. A Deputación colabora con estes premios cunha achega económica de 3.500€ e cun vídeopromocional elaborado polo departamento de Servizos Audiovisuais. 

As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar nos Premios Son Muller poden inscribirse ata o día 8 de decembro. As bases e a información sobre o certame atópanse en www.empresariaslugo.org ou no 982.22.69.91. Estes premios están destinados a emprendedoras e empresarias lucenses, que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia, que estean dadas de alta como autónomas ou sexan parte dunha sociedade empresarial, así como que cumpran coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

Categorías e premios
Os Premios Son Muller contan con 3 categorías: 
-    Son Emprendedora: un proxecto empresarial cuxa actividade económica leve en marcha un período máximo de 42 meses. 
-     Son Empresaria:empresaria destacada no ano 2019 da provincia de Lugo, con actividade dendecomo mínimo 42 meses e un día.
-     Son Empresaria Rural: promotora de proxectosorixinais e innovadores de mulleres rurais, baseados en actividades agrarias complementarias, así como en actividades agroalimentarias, turísticas, industriais, ou quefomenten a diversificación da actividade económica e que promovan e impulsen oemprendemento das mulleres no territorio rural, así como actividades ou actuacións querecoñezan a súa labor no medio rural, da provincia de Lugo.

O certame contará cun xurado formado por representantes de AELU e personalidades de recoñecido prestixio, pertencentes a distintos ámbitos das administracións, empresas e sociedade lucense. O xurado será responsable de seleccionar as candidaturas gañadoras. Os premios son:
-    1º premio:dotación económica de 1.000€ en cada categoría, máis un ano de cotagratuíta como asociada da Asociación de Mulleres Empresarias e unxogo de artesanía en cerámica, Matrioskiñas Galegas, elaborado por unha artesá lucensee deseñado especialmente para o premio.
-    2º premio: un ano de cota gratuíta como asociada da Asociación de MulleresEmpresarias e un xogo de artesanía en cerámica.

A entrega de premios ás gañadorasterá lugar nun acto previsto para o vindeiro 13 de decembro, ás 20:30 horas, no centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo.