Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación pulsa as necesidades de diferentes colectivos da provincia para estudar novas liñas de colaboración

José Tomé Roca
colectivos sociais
Reunión colectivos da provincia

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo este xoves en San Marcos varios encontros con representantes de colectivos coa finalidade de coñecer a súa realidade e necesidades e poder establecer novas vías de colaboración. Tomé Roca entrevistouse con José Manuel Fernández Sande, presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultores; con Manuel Fouce, presidente da asociación de Amigos do San Froilán en Barcelona; tamén con Oliva Cabanas, presidente da Semana Santa de Burela, e con Eduardo Abel, do colectivo Cohors III Lucensium.  

Reunión colectivos da provincia