Deputación de Lugo
Formación
Medio ambiente
Turismo

36 nenos e nenas de Cervantes coñecerán a riqueza micolóxica dos Ancares nunha xornada didáctica este venres

turismo
Medio Ambiente
medio rural
Ancares
Courel
micoloxía
36 nenos e nenas de Cervantes coñecerán a riqueza micolóxica dos Ancares nunha xornada didáctica este venre
A actividade forma parte da programación que organizan conxuntamente a Deputación e a USC para promover o micoturismo no xeodestino dos Ancares-Courel

O proxecto inclúe a celebración das VII Xornadas Micolóxicas no Courel o vindeiro 16 de novembro, nas que participarán medio cento de persoas

36 escolares do Centro Público Integrado de Cervantes participarán mañá venres nunha actividade didáctica na coñecerán mellor a riqueza micolóxica dos Ancares. Trátase dunha das actuacións programadas no marco da colaboración da Deputación coa USC para promover o micoturismo no xeodestino Ancares-Courel.

A xornada comezará ás 10:00 horas cunha charla na que as nenas e nenos de Cervantes,con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos terán a oportunidade de iniciarse no mundo dos cogomelos. A continuación, ás 11:00 horas, sairán ao campo para buscar, observar e estudar os cogomelos nos seus hábitats. Esta xornada didáctica rematará na escola coa montaxe dunha pequena exposición cos exemplares recollidos no entorno dos Ancares e na cal, as nais e pais, profesorado e alumnado terán ocasión de aprender máis sobre micoloxía.

VII Xornadas Micolóxicas no Courel
As actividades de micoloxía programadas neste proxecto de colaboración da Deputación e a USC para impulsar o micoturismo nos espazos naturais da provincia de Lugo continuarán o vindeiro sábado 16 de novembro, na localidade de Seoane, coas VII Xornadas Micolóxicas no Courel, abertas a todo o público.

Os 50 participantes desta actividade de micoturismo achegaranse ao mundo dos cogomelos da man devarios expertos. Xunto ao veterinario e investigador da USCe tamén presidente da Sociedade Micoloxía Lucus, JulioAlonso Díaz, e o biólogo da empresa de ecoturismo Pía Paxaro, Marcos Reinoso, sairán en grupos, ás 10:00 horas, nunha ruta polos bosques do Courel para coñecer a riqueza micolóxica destas montañas. Ás 16.30 horas os grupos reuniranse nunha charla explicativa onde poderán consultar as especies recollidas e coñecera gran diversidade medioambiental da provincia.

Froito desta colaboración entre a Deputación e a USC, desde o mes de xuño organizouse no Courel o II Bioblitz ou prospección intensiva da biodiversidade,  a II Festa da Cantarela e o Concurso de Fotografía As cantarelas e as paisaxes na montaña. Tamén se está a traballar na primeira monografía e catálogo micolóxico científico do territorio e nunha guía micolóxica didáctico-turísticaque incluirá os conceptos básicos, principais especies tóxicas e comestibles e rutas de interese micoturístico.