Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente comparte coa comunidade lucense de Cataluña a festividade de San Froilán

presidente
José Tomé Roca
San Froilán
Barcelona
O Presidente da Deputación de Lugo comparte coa comunidade lucense de Cataluña a festividade de San Froilán

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, compartiu este sábado a festividade de San Froilán coa comunidade lucense de Cataluña participando nun encontro de confraternidade celebrado no distrito barcelonés de Nou Barris con representantes de centros galegos en Cataluña, como Agarimos de Badalona, Rosalía de Castro de Cornellá, Casa Galega de Hospitalet, de Rubí, Mollet, Santa Coloma, Lérida, Terrassa e La Llagosta, e Xuntanza de Cataluña, ademais do colectivo organizador -a Asociación de Amigos de San Froilán de Barcelona-, Saudade -tamén da cidade Condal-, da Federación de Casas Rexionais, do Centro Asturiano, do colectivo Territorio Verde e da Asociación de Empresarios Galegos.