Deputación de Lugo

O Presidente participa nos actos de celebración do Día da Policía

José Tomé Roca
Policía
Actos de celebración do Día da Policía

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou este mércores nos actos de celebración do Día da Policía, no que se celebra a festividade dos Anxos Custodios, patróns do Corpo Nacional de Policía. O dirixente provincial asistiu á misa celebrada na Capela do Bo Xesús na Catedral de Lugo e, a continuación, ao acto institucional, no Círculo das Artes, onde fixo entrega dunha das 11 medallas ao mérito. 

Ao acto acudiron, entre outras autoridades, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o Comisario Xefe Provincial do Corpo Nacional de Policía de Lugo, José María Esteban; o Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela; o Fiscal Xefe de Lugo, Roberto Brezmes; o Subdelegado de Defensa, Fernando Brinquis; e o Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Miguel Ángel González Arias.