Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación mellora estradas provinciais de Outeiro de Rei e Friol cun orzamento de 360.000€

Outeiro de Rei
Friol
estradas provinciais
Imaxe deputación de lugo
Arranxa un total de 6,2 quilómetros das víasLU-P-1109, LU-P-3907 e LU-P-3908, en Outeiro de Rei, e 2,2, na LU-P-1611, o cinto comarcal friolense

Os traballos de acondicionamento consisten na reapertura e limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e a renovación da sinalización horizontal

O Presidente da Deputación, José Tomé, responsable directo da área de Xestión Territorial, informou de que a Deputación acomete obras de acondicionamento e mellora en máis de 8 quilómetros de estradas provinciais de Outeiro de Rei e Friol.Na primeira localidade, arranxaranse 1,9 quilómetros da LU-P-1109; preto dun quilómetro da LU-P-3907 e 3,4 quilómetros da LU-P-3908. En Friol, os traballos realizaranse na LU-P-1611, o chamado cinto comarcal, no que se mellorarán 2,2 quilómetros.

A institución provincialinviste preto de 360.000€na realización dos seguintes traballos en ambas as dúas estradas: reapertura e limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e a renovación da sinalización horizontal, actuacións que mellorarán a seguridade vial e a comodidade dos conductores.

Mañá martes comezará a estenderse o novo pavimento en 6,2 quilómetros de estradas provinciais de Outeiro de Rei, un proxecto que conta cun investimento de 209.209 euros.Realizaranse en 1,9 quilómetros da LU-P-1109, que vai de Dumpin, por Cornide a Arcos, entre os puntos quilómetros 1,7 e 3,7. Esta é unha vía especialmente frecuentada, pois utilízase como percorrido corto entre Castro e Outeiro de Rei. Ademais, na LU-P-3907, que vai de Arcos a Ceao por Vilar, mellorarase preto de un quilómetro, dende o punto 3,1 ata o 4,07; e na LU-P-3908, que vai de Ramilá LU-P-2905 por Martul arranxaranse 3,4 quilómetros, dende o punto 0,0 ata o 3,4. 

En canto ao cinto comarcal de Friol, a LU-P-1611, o novo pavimento empezará a botarse este mércores. Esta actuación afecta a 2,2 quilómetros, entre os puntos 47,7 e 49,9, que se suman ao quilómetro xa acometido, entre os puntos 46,8 e 47,7. Esta vía rodea a capital lucense e vai dende o núcleo de Friol cara o polígono industrial de Begonte, á parroquia de Ousá. A Deputación achega para a rehabilitación do firme desta estrada preto de 148.500 euros.