Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente e a Subdelegada do Goberno renovan o compromiso de colaboración entre ambas institucións

José Tomé Roca
presidente
Riotorto
Ourol
A Pastoriza
Negueira de Muñiz
Reunión entre José Tomé e Isabel Rodríguez López
José Tomé reuniuse esta mañá con Isabel Rodríguez López, e cos alcaldes de Ourol, Riotorto, Negueira de Muñiz e A Pastoriza, dentro da rolda de contactos que está a manter logo da súa chegada á institución

O Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo esta mañá unha reunión coa Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, un encontro no que renovaron o compromiso de colaboración entre ambas institucións. O encontro forma parte da rolda de contactos que está a realizar o dirixente do organismo provincial logo da súa chegada á institución.

Tomé reuniuse tamén esta mañá cos alcaldes de Riotorto, Clemente Iglesias; Negueira de Muñiz, José María Braña; e A Pastoriza, Primitivo Iglesias, e Ourol, José Luis Pajón, para falar das necesidades de cada municipio. Neste caso, o Presidente aproveitou ademais para reiterar o compromiso da Deputación coa residencia do concello mariñán. “Os veciños van ter esta dotación social tan necesaria para o municipio”, asegurou Tomé.