Axenda Institucional

Convocatorias de prensa

 
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 14 DE SETEMBRO

13:00 HORAS.- A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, participará na inauguración da área de autocaravanas de Meira, financiada con cargo ao Plan Único da Deputación.  

Rúa Fray Vidal –Meira-


13:45 HORAS.- O  Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participará nas IX Xornadas sobre Migracións Indianas. Feira do Indiano de Vilalba, cita coa que colabora a Deputación.
Santaballa –Vilalba-


14:00 HORAS.- O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistirá ás festas da parroquia lucense de Esperante.

Esperante– Lugo-


18:45 HORAS.- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participará no Encontro de Bandas Militares: 150º Aniversario da Banda de Sober.

Salón de Actos do Centro Sociocultural– Sober-


OUTRAS CONVOCATORIAS:



09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Eu sempre soñei a miña Historia de Vázquez Cereijo.
Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Nation S.A de Iago Eireos.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


Descargar PDF