Deputación de Lugo
Medio ambiente

Os máis pequenos coñecen a historia dos muíños da man da Deputación

Mazo de Santa Comba
Medio Ambiente
Centro de Interpretación Terras do Miño
Actividade Muíños

Este sábado o Mazo de Santa Comba acolleu Unha Viaxe pola historia dos muíños, unha nova actividade medioambiental de balde na que participaron máis dunha decena de nenos e nenas de 7 a 12 anos. A iniciativa foi organizada pola Deputación e forma parte da programación do terceiro trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño. 

Durante a mañá do sábado os rapaces estiveron acompañados dun monitor caracterizado de muiñeiro e cheo de fariña, poñendo en valor a historia dos muíños de Galicia e concretamente os da provincia de Lugo. Os asistentes fixeron un percorrido dende os antigos muíños artesanais de moer pan ata os muíños hidráulicos de vento, coñecendo os seus usos e importancia social. Ademais, puideron moer á man trigo e facer uns bolos preñados que levaron á casa. 
 

Actividade Muíños
Actividade Muíños