Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 30 DE AGOSTO
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- A voceira provincial socialista, Pilar García Porto, e o voceiro provincial do BNG, Efrén Castro, darán conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
19:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, José Tomé, e o Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, entre outras autoridades, participarán na entrega do premio XLV Certame Literario que se celebra no marco das festas patronais de Vilalba.
Casa da Cultura –Vilalba-
20:00 HORAS.- A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, asistirá ao concerto Ola Setembro da Festa Fin de Curso 18/19 da UNED, coa que mantén un convenio de colaboración a Deputación.
Terraza do Centro Asociado da UNED –Lugo-
21:00 HORAS.- A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Contas, Mayra García Bermúdez, participará xunto ao Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, nos actos do pregón da IX Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica.
Monte do Bispo Santo –Foz-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Eu sempre soñei a miña Historia de Vázquez Cereijo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Nation S.A de Iago Eireos.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-