Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 28 DE AGOSTO
12:00 HORAS.- O Deputado de Deportes, Artesanía, Deseño e Memoria Histórica, Efrén Castro Caloto, xunto ao Alcalde do Concello do Incio, Héctor Manuel Corujo González, presentarán a X Feira de Artesanía e Etnografía do Incio, co que colabora a Deputación.
Xardíns –Deputación de Lugo-
12:30 HORAS.- Os Deputados de Promoción Económica e Social e de Deportes, Pablo Rivera Capón e Efrén Castro Caloto, acompañados doutras autoridades, presentarán o VI Torneo Lugo é Basket e o Campus Comeza, co que colabora a Deputación.
Salón de Actos –Deputación de Lugo-
IMPORTANTE: É necesario CANON femia para mesa de SON!
19:00 HORAS.- O Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, xunto á Voceira do Goberno, Pilar García Porto, inaugurarán a XXII Feira do Libro de Monforte de Lemos, coa que colabora a Deputación.
Rúa do Cardeal –Monforte de Lemos-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Eu sempre soñei a miña Historia de Vázquez Cereijo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Nation S.A de Iago Eireos.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-