Convocatoria de Prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 23 DE AGOSTO
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
11:30 HORAS.- A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, acompañada doutras autoridades, participará na presentación da Feira do Libro de Monforte de Lemos, coa que colabora a Deputación.
Casa do Concello –Monforte de Lemos-
12:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o voceiro provincial do BNG, Efrén Castro, darán conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
17:30 HORAS.- O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistirá ao Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita 2019, co que colabora a Deputación.
Pavillón Vista Alegre –Burela-
OUTRAS CONVOCATORIAS
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Eu sempre soñei a miña Historia de Vázquez Cereijo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Nation S.A de Iago Eireos.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
11:00/14:00; 17:00/20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra O Son do Tempo, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-