Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O DOMINGO, 11 DE AGOSTO
12:30 HORAS.- A Deputada Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participará na XV Festa Artesanal de Ferreira de Pallares, organizada pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Pallares.
Mosteiro de Ferreira de Pallares –Guntín-
14:30 HORAS.- A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participará na I Feira do Turismo e do Peregrino do Concello de Samos.
Casa do Concello –Samos-
14:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participa na entrega de premios da 46ª Subida a Chantada, coa que colabora o organismo provincial.
Auditorio –Chantada-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Eu sempre soñei a miña Historia de Vázquez Cereijo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Nation S.A de Iago Eireos.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
11:00/14:00; 17:00/20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra O Son do Tempo, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-