Convocatoria de Prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O SÁBADO, 10 DE AGOSTO
11:00 HORAS.- A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Contas, Mayra García Bermúdez, a Alcaldesa de Viveiro e tamén Deputada provincial de Muller e Igualdade, María Loureiro, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participarán na inauguración da XXXVI Feira de Artesanía Popular de Viveiro.
Xardíns Noriega Varela –Viveiro-
12:00 HORAS.- A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participará no pregón do XXVIII Mercado Medieval de Mondoñedo, a cargo de Mª Concepción López García.
Antiga casa consistorial –Mondoñedo-
OUTRAS CONVOCATORIAS
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Eu sempre soñei a miña Historia de Vázquez Cereijo.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Nation S.A de Iago Eireos.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
11:00/14:00; 17:00/20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra O Son do Tempo, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-