Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 30 DE XULLO
11:00 HORAS.- Pleno de Organización da Corporación Provincial da Deputación de Lugo.
Salón de Plenos – Deputación de Lugo-
Outras convocatorias:
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Rompe. Xoga en Igualdade. Unha mostra das bonecas Barbie intervidas para concienciar sobre situacións de desigualdade, discriminación e violencia de xénero.
Corredores da Planta Baixa –Deputación de Lugo-
11:00/14:00; 17:00/20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Eu sempre soñei a miña Historia de Vázquez Cereijo.
Museo Provincial –Lugo-