Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 24 DE XULLO
11:00 HORAS.- O Deputado Provincial, Pablo Rivera Capón, participará na presentación da Travesía a Nado La Heroica – Gran Premio Deputación de Lugo, coa que colabora o organismo provincial.
Embarcadoiro de Doade –Sober-
11:30 HORAS.- A Deputada Provincial, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira Morandeira, presentarán a Festa da Torta de Millo de Guitiriz, coa que colabora o organismo provincial.
Salón de Plenos do Concello –Guitiriz-
12:15 HORAS.- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto a outras autoridades, participará no acto de entrega das Medallas de Galicia 2019. Xunta de Galicia.
Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia –Santiago de Compostela-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Rompe. Xoga en Igualdade. Unha mostra das bonecas Barbie intervidas para concienciar sobre situacións de desigualdade, discriminación e violencia de xénero.
Corredores da Planta Baixa –Deputación de Lugo-
11:00/14:00; 17:00/20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-