Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 23 DE XULLO
10:30 HORAS.- O Deputado provincial Pablo Rivera Capón participará na reunión do padroado da Fundación Galicia Europa.
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea. R/do Hórreo, 61 –Santiago-
11:30 HORAS.- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participará coa Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, na presentación do proxecto gañador para desenvolver a planificación do Barrio Multiecolóxico do Concello lucense.
Edificio de Novas Tecnoloxías –Lugo-
14:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e membros da Corporación Provincial participarán no acto de toma de posesión de María Esther Álvarez Martínez como Secretaria Xeral da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Rompe. Xoga en Igualdade. Unha mostra das bonecas Barbie intervidas para concienciar sobre situacións de desigualdade, discriminación e violencia de xénero.
Corredores da Planta Baixa –Deputación de Lugo-
11:00/14:00; 17:00/20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-