Convocatoria de prensa
CONVOCATORIA DE PRENSA PARA O LUNS, 22 DE XULLO
12:00 HORAS.- Membros da Corporación provincial participarán na concentración e no minuto de silencio convocados en repulsa polo asasinato machista que tivo lugar este domingo en Vilalba.
Praza Maior, diante do Concello –Lugo-
12:30 HORAS.- A Deputada Provincial, Pilar García Porto, participará na presentación da Romaxe Viquinga do Vicedo
Delegación Territorial da Xunta de Galicia –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00/21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Rompe. Xoga en Igualdade. Unha mostra das bonecas Barbie intervidas para concienciar sobre situacións de desigualdade, discriminación e violencia de xénero.
Corredores da Planta Baixa –Deputación de Lugo-
11:00/14:00; 17:00/20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-