Deputación de Lugo
Medio ambiente

Expertos da Rede Española de Reservas da Biosfera coñecen experiencias de éxito en Terras do Miño e Ancares Lucenses

Rede Española
Reservas da Biosfera
Terras do Miño
Ancares Lucenses
Expertos da Rede Española de Reservas da Biosfera coñecen experiencias de éxito en Terras do Miño e Ancares Lucenses

A Deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo mantivo un encontro, no Centro de Interpretación Terras do Miño, cos representantes de DialogosRB.net da Rede Española de Reservas da Biosfera que se achegaron á provincia para coñecer de primeira man as experiencias de éxito e boas prácticas que a Deputación desenvolve nas Reservas Terras do Miño e Ancares Lucenses. Neste encontro afondaron na filosofía e resultados dos Campus de Emprendemento Sostible que promove a Deputación. Tamén visitaron o proxecto ‘Vida de Aldea’ en Outeiro de Rei, a ‘Horta Sancoveiga’ en Vilalba e o obradoiro artesán ‘Cabazas Dukaree’ en O Corgo. O venres 12, visitarán en Cervantes o obradoiro dun torneiro e a Cooperativa gandeira A Carqueixa ‘O Sabor dos Ancares’.

Expertos da Rede Española de Reservas da Biosfera coñecen experiencias de éxito en Terras do Miño e Ancares Lucenses