CONVOCATORIAS DE PRENSA
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES,11 DE XULLO
10:00 HORAS.- Recepción aos asistentes á visita do proxecto Diálogos RB.NET da Rede Española Reserva da Biosfera ao Campus de emprendemento sostible.
Centro de Interpretación Terras do Miño –Lugo-
12:30 HORAS.- Presentación do Festival de Aturuxos de Bravo, co que colabora o organismo provincial.
Xardíns –Deputación de Lugo -
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Rompe. Xoga en Igualdade. Unha mostra das bonecas Barbie intervidas para concienciar sobre situacións de desigualdade, discriminación e violencia de xénero.
Corredores da Planta Baixa –Deputación de Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-