Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Pantón será a capital do golf feminino co apoio da Deputación

Pantón
golf feminino
Golf Internacional Feminino Ribeira Sacra
Pantón será a capital do golf feminino  co apoio da Deputación
O Torneo de Golf Internacional Feminino Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade terá lugar entre os días 10 e 13 de xullo, nel participará unhas 80 golfistas de 17 nacionalidades. O acceso para o público será de balde

Rivera Capón explicou “este evento da a coñecer a nosa provincia como destino turístico e deportivo. É unha ocasión para mostrar o apoio á candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade e amosar a nosa aposta polo deporte feminino”

O acto tivo un carácter solidario, pois a recadación está destinada á Asociación Ruliños Terra de Lemos, que traballa con persoas con necesidades especiais

O Deputado de Deportes en funcións, Pablo Rivera Capón, o Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e o Presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González, inauguraron este martes o Torneo de Golf Internacional Feminino Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade, que terá lugar no Campo de Golf do Oca Augas Santas de Pantón, do 10 ao 13 de xullo. O Executivo Provincial apoia esta cita cunha achega de 10.000 euros.

Rivera Capón explicou que “este evento da a coñecer a nosa provincia como destino turístico e deportivo, tamén para a práctica do golf, para o que contamos cunhas instalacións de primeiro nivel. É ademais outra gran ocasión para mostrar o noso apoio á candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade e amosar a nosa aposta decidida polo deporte feminino. Animo a todos os veciños e afeccionados a asistir a este evento, xa que, ademais, a entrada é de balde”.

O acto inaugural tivo un carácter solidario e contou coa actuación do grupo Dani Barreiro & friends que interpretaron versións da década dos 80. A recadación do acto está destinada á Asociación Ruliños Terra de Lemos, que ten por obxectivo prestar asesoramento e apoio a nenos e adolescentes con necesidades especiais así como as súas familias.

No torneo participarán 80 xogadoras dunhas 17 nacionalidades, que poderán mellorar a súa posición no ranking oficial e ascender a categoría Raíña do Golf feminino.