Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O XOVES, 20 DE XUÑO
11:00 HORAS.- O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, recibirá as xogadoras, a directiva e ao equipo técnico do C.D Pescados Rubén Burela FS, campioas da Copa de SM A Raíña de Fútbol Sala 2019.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
13:00 HORAS.- O Voceiro do Goberno en funcións, Álvaro Santos Ramos, participará na clausura da Xornada DAM 2019 - Estratexia E Innovación Empresarial Na Nova Economía Dixital coa que colaboran a CEL e a Deputación.
CIFP As Mercedes –Lugo-
17:30 HORAS.- O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, o Presidente da APEHEL, Cheché Real, e representantes das Denominacións de Orixe e das Indicacións Xeográficas Protexidas, presentarán as Exaltación Gastronómica:... E para comer Lugo do mes de xuño.
Salón de Actos – Deputación de Lugo-
20:00 HORAS.- O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, e o Voceiro do Goberno en funcións, Álvaro Santos Ramos, participarán no Acto de Graduación dos alumnos do Centro de Formación Audiovisual da Deputación.
Salón de Actos do CFA –Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Rompe. Xoga en Igualdade. Unha mostra das bonecas Barbie intervidas para concienciar sobre situacións de desigualdade, discriminación e violencia de xénero.
Corredores da Planta Baixa –Deputación de Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-