Axenda Institucional

CONVOCATORIAS DE PRENSA

 

CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 12 DE XUÑO


12:00 HORAS.- O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, presentará os traballos realizados no marco do proxecto de Turismo Científico OBSERVER dos Ancares e O Courel que promove o Executivo Provincial.

 

Salón de Actos –Deputación de Lugo

IMPORTANTE: É necesario CANON femia para mesa de SON


OUTRAS CONVOCATORIAS:

 

09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.

Sala de Exposicións –Deputación-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Rompe. Xoga en Igualdade. Unha mostra das bonecas Barbie intervidas para concienciar sobre situacións de desigualdade, discriminación e violencia de xénero.

Corredores da Planta Baixa –Deputación -


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.

Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”,  unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.

Capela de Santa María  –Lugo-


Descargar PDF