Axenda Institucional

Convocatoria de prensa


CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MARTES, 11 DE XUÑO

12:00 HORAS.- A Deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto e a Deputada de Igualdade en funcións da Deputación de Pontevedra, Isabel Abelairas Rodríguez, inaugurarán a exposición Rompe, Xoga en Igualdade pertencente á Deputación de Pontevedra. A mostra amosa 18 vitrinas coas recoñecidas bonecas Barbie que foron intervidas para concienciar á sociedade sobre situacións de desigualdade, discriminación e violencia de xénero.

 

Corredores da planta baixa –Deputación de Lugo



OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.


Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.


Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”,  unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.


Capela de Santa María  –Lugo-


Descargar PDF