Convocatoria de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 7 DE XUÑO
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- Rolda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
13:00 HORAS.- A Deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto, participará na presentación do XIII Certame de Investigación Condado de Pallares promovido pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares e co que colabora a Deputación.
Museo Provincial –Lugo-
13:00 HORAS.- O Deputado de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes en funcións, Pablo Rivera Capón, participará na Inauguración da XLIII Edición das tradicionais Feiras e Festas de Primavera do Páramo.
Campo da Feira de Vilarmosteiro –O Páramo-
14:00 HORAS.- O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, manterá un encontro con representantes de ACRUGA, no que se homenaxeará a gandeiros xubilados con motivo da celebración do seu patrón San Cidre.
Pazo de Feiras e Congresos -Lugo-
20:30 HORAS.- A Deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo, participará na presentación do novo disco de Najla Shami “Ela sabe a sol” do ciclo Mulleres con Forza que promove a Deputación e o Concello de Lugo.
Vello Cárcere – Lugo-
OUTRAS CONVOCATORIAS:
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.
Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.
Museo Provincial –Lugo-
09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Bruxa! Libres, Reberldes, Insubmisas da artista Viki Rivadulla.
Museo Provincial –Lugo-
11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”, unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.
Capela de Santa María –Lugo-