Axenda Institucional

CONVOCATORIAS DE PRENSA

 

CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O MÉRCORES, 5 DE XUÑO


09:00 HORAS.- Xornada sobre o uso de sistemas de licitación electrónica na contratación pública dos Concellos. Este encontro formativo-práctico, organizado pola Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, está dirixido a secretarios e  interventores, así como o persoal relacionado coa contratación pública dos Concellos.

 

Salón de Actos –Deputación-


13:30 HORAS.- O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, recibe aos representantes de Asociacións de hostalería de Cantabria, Pais Vasco, Asturias, Coruña, Santiago e Lugo.

 

Sala de Xuntas - Deputación-


OUTRAS CONVOCATORIAS:


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López.

 

Sala de Exposicións –Deputación de Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Flor Novoneyra do artista Antón Lamazares.

 

Museo Provincial –Lugo-


09:00-21:00 HORAS: Continúa aberta a exposición Bruxa! Libres, Reberldes, Insubmisas da artista Viki Rivadulla.

 

Museo Provincial –Lugo-


11:00-14:00; 17:00-20:00 HORAS: Continúa aberta a mostra “O Son do Tempo”,  unha colección de réplicas de instrumentos medievais da Deputación que abrangue pezas de música, tanto do patrimonio musical galego como doutras culturas.

 

Capela de Santa María  –Lugo-


20:00 HORAS: A Asociación Pinchacarneiros representa a obra “Unha Noite de Esmorga”. Unha actividade enmarcada dentro da Semana de Medio Ambiente da Deputación.

 

Salón de Actos  –Deputación-


20:00 HORAS: Conferencia sobre a “Protección e coidado Do Medio Ambiente (concienciación, vertidos, conservación de espazos naturais)”. Unha actividade enmarcada dentro da Semana de Medio Ambiente da Deputación.

 

Casa da Cultura –Outeiro de Rei-


Descargar PDF